Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 4 de maio de 2017 Páx. 22063

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ordes

ANUNCIO polo que se convoca licitación para a adxudicación do contrato de servizos de conserxaría, mantemento e limpeza de edificios culturais e deportivos.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Ordes. Obtención de documentación e información: Secretaría. Rúa Alfonso Senra, 108, Ordes 15680. Teléfono: 981 68 00 02. Telefax: 981 68 22 21. Correo electrónico: correo@ordes.gal. Enderezo da internet do perfil do contratante: http://concello.ordes.gal/perfil-do-contratante. Data límite de obtención de documentación e información: 2 de xuño de 2017. Número de expediente: 5/C/2017.

2. Obxecto do contrato: servizos. Descrición: prestación de servizos de conserxaría nos edificios culturais e deportivos, realizar o mantemento dos campos de fútbol municipais. Prazo de execución/entrega: 36 meses. Admisión de prórroga: si. CPV (referencia de nomenclatura): 90911200-8; 98341130-5; 77320000-9.

3. Tramitación e procedemento. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Criterios de adxudicación: aténdese a unha pluralidade de criterios, cláusula 14 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 1.250.554,87 euros, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 524.708,34 euros. Importe total: 634.897,09 euros, IVE incluído.

6. Garantías exixidas. Definitiva (%): 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación. Data límite de presentación: ata as 14.00 horas do 5 de xuño de 2017. Lugar de presentación: Concello de Ordes, Rexistro Xeral. Rúa Alfonso Senra, 108, Ordes 15680. Enderezo electrónico: https://sede.concellodeordes.com/gl/index.html

8. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 11 de abril de 2017.

Ordes, 24 de abril de 2017

José Luis Martínez Sanjurjo
Alcalde presidente