Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 4 de maio de 2017 Páx. 21944

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2017 pola que se publica o plan de estudos de máster universitario en Didácticas Específicas pola Universidade da Coruña.

Logo de obter a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, previo informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia para a súa implantación, e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 25 de setembro de 2015 (publicado no BOE do 21 de outubro de 2015 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 2 de outubro de 2015), esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Didácticas Específicas pola Universidade da Coruña, que se estrutura segundo consta no anexo.

A Coruña, 11 de abril de 2017

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

Plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Didácticas Específicas pola Universidade da Coruña

Estrutura das ensinanzas (Real decreto 1393/2007, anexo I, número 5.1).

1. Rama de coñecemento á que se adscribe o título: Ciencias Sociais e Xurídicas.

2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias (OB)

Optativas (OP)

Prácticas externas (PE)

Traballo fin de máster (TFM)

24

21

6

9

Créditos totais

60

3. Contido do plan de estudos.

Módulo

Disciplina

Créditos ECTS

Carácter

Módulo de innovación nas didácticas

Inglés

6

OB

Prácticas externas (Prácticum)

6

PE

Traballo fin de máster

9

TFM

Módulo de proxectos interdisciplinares

A interdisciplinaridade en contexto

4,5

OB

Análise de experiencias interdisciplinares

4,5

OB

Deseño de proxectos interdisciplinares

3

OB

Módulo de investigación

Metodoloxía cualitativa

3

OB

Metodoloxía cuantitativa

3

OB

Módulo de optativas

(Elixir 21 créditos dos 42 ofertados)

Investigación e innovación en didáctica das ciencias

3

OP

Estratexias no ensino das ciencias e na educación ambiental

3

OP

Didáctica dos espazos culturais en contextos educativos

3

OP

Investigación e innovación na didáctica das ciencias sociais

3

OP

Traballo por proxectos en educación física

3

OP

Investigación e innovación en didáctica da expresión corporal

3

OP

Investigación e innovación en didáctica da expresión musical

3

OP

Técnicas e recursos para o ensino musical

3

OP

Investigación e innovación en didáctica das artes visuais

3

OP

Procesos e estratexias sensibles en fotografía e arte contemporánea

3

OP

Investigación e innovación en didáctica das linguas iniciais e as súas literaturas

3

OP

Investigación e innovación en didáctica da lingua e a literatura estranxeira

3

OP

Investigación e innovación en didáctica da matemática

3

OP

Dificultades na aprendizaxe das matemáticas. Enfoque práctico

3

OP

A unidade temporal de todas as disciplinas é cuadrimestral.

4. Condicións de terminación.

O alumnado deberá superar 60 créditos, distribuídos como se indica no punto 2, para obter o título de máster universitario en Didácticas Específicas.