Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 4 de maio de 2017 Páx. 21981

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 28 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ares (expediente IN407A 2017/044-1).

Expediente: IN407A 2017/044-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMTS e CTC avenida de Mugardos, nº 40.

Concello: Ares.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea a 15 kV, cunha lonxitude de 0,016 km, con orixe en empalmes proxectados na LMTS VDC-711 (expediente 22/06), no tramo entre o CT S. Antonio (expediente 1/07) e o CT estrada de Mugardos (expediente 22/06), condutor tipo RHZ1 2OL 12/20 kV 1×240 mm2 AI, e final no CT avenida de Mugardos, nº 40 proxectado.

Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400 V.

Lexislación de aplicación:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 28 de marzo de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña