Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 4 de maio de 2017 Páx. 21978

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 10 de abril de 2017, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente LU-00611-O-2016 e sete máis).

A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Tranporte ditou a resolución do expediente sancionador LU-00611-O-2016 e sete máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º, en Santiago de Compostela.

Comunícaselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, as persoas interesadas deberán aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2017

David Conde Varela
Subdirector xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

LU-00611-O-2016

1798-HWH

Fast 24, S.L.

B27170877

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

15.3.2016; 10.19; N-642; 51

Art. 140.1 LOTT
Art. 141.25 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT
Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

OU-00292-O-2016

PO-9857-BM

Oys Fernández, S.L.U.

B36124212

Realización de transporte privado carecendo de autorización.

23.2.2016; 12.37; A52; 202,0

Art. 141.14 LOTT

Art. 143.1.e) LOTT

601 euros

PO-01106-O-2016

PO-9611-BD

Construcciones Calvo Poyo, S.L.

B36240075

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías utilizando un condutor que carece do CAP, se o obtén no prazo de 6 meses desde a data da denuncia.

16.11.2015 13.02; PO531; 6,05

Art. 140.18 LOTT Art. 141.25 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT
Art. 143.1.e) LOTT

601 euros

PO-01985-S-2016

0881-FZD

Renovados de las Cinco Jotas de Galicia, S.L.

B36978716

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

4.2.2016; 18.45; rúa Conde de Torrecedeira

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT
Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

PO-02624-O-2016

PO-6514-AF

Palcos y Carpas Paco Salcedo, S.L.

B36343630

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

15.3.2016; 16.15; PO542; 5,0

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT
Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

PO-02692-O-2016

7038-CNK

Escenarent, S.L.

B36463446

Realización de transporte privado ao abeiro dunha autorización caducada, revogada ou que por calquera outra causa tivera perdido a súa validez.

19.3.2016; 18.42; N640; 222,0

Art. 141.14 LOTT

Art. 143.1.e) LOTT

601 euros

XC-01059-O-2016

2938-DSP

Lorenzo Agtrans, S.L.

B15936891

A condución durante máis de cinco horas, aínda sen superar as seis, sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 5 horas e inferior ou igual a 6 horas.

4.3.2016; 17.25; AG-11; 40,0

Art. 141.24.3 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

XC-01365-O-2016

C-8612-BU

Rafael Caramelo Manzano

54127360B

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

2.3.2016; 12.52; AP9F; 25,2

Art. 140.1 LOTT
Art. 141.25 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT
Art. 143.1.f) LOTT

801 euros