Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 4 de maio de 2017 Páx. 22036

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2017 pola que se anuncia a licitación, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de uso, mantemento, evolución e soporte das aplicacións informáticas HX, Rexistro, Comisións, XAPA, XFSE e módulo de consultas do GGP para a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (expediente 2017/PA/0036).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 2017/PA/0036.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación é o servizo de uso, mantemento, evolución e soporte das aplicacións informáticas HX, Rexistro, Comisións, XAPA, XFSE e módulo de consultas do GGP para a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 18 meses contados a partir do 1 de setembro de 2017. Se a data de formalización do contrato fose posterior a esta última, o prazo de execución de 24 meses computarase desde a data de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado: 208.264,47.

5. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 69.421,49 € (sesenta e nove mil catrocentos vinte e un euros con corenta e nove céntimos), máis 14.578,51 € (catorce mil cincocentos setenta e oito euros con cincuenta e un céntimos), que corresponden ao IVE (21%), o que supón un total de 84.000,00 € (oitenta e catro mil euros), que se distribúe nas seguintes anualidades:

• 2017: 11.570,25 € + 2.429,75 € (IVE 21%) = 14.000,00 €.

• 2018: 34.710,75 € + 7.289,26 € (IVE 21%) = 42.000,01 €.

• 2019: 23.140,49 € + 4.859,50 € (IVE 21% ) = 27.999,99 €.

6. Garantía provisional: non se exixe.

7. Obtención da documentación e da información:

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=158861

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

8. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase a letra N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día que resulte de contar quince (15) días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo fose festivo ou inhábil, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Rexistro da Amtega.

2. Dirección: Edificio CINC, Monte Gaiás, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas:

O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil de contratante.

11. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia