Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 3 de maio de 2017 Páx. 21790

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2017 pola que se adhire unha entidade financeira ao convenio de colaboración para o apoio ao acceso e adecuación do financiamento das explotacións leiteiras, subscrito coas sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas.

O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza do 22 de decembro de 2016, acordou por unanimidade dos seus membros asistentes a aprobación das bases reguladoras das liñas de apoio ao acceso e adecuación do financiamento das explotacións leiteiras, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas. Sendo as ditas bases publicadas mediante Resolución do 29 de decembro de 2016 (DOG núm. 249, do 30 de decembro).

Xunto co texto das devanditas bases publicouse a relación das entidades financeiras que se adheriron ao convenio.

En data 23 de marzo de 2017, ratifícase a adhesión da entidade financeira Banco de Sabadell, S.A., polo que cómpre facelo público.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño conferidas mediante o artigo 12.a) da Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica e do artigo 11.1.a) do Decreto 317/1992, do 12 de novembro, polo que se aproba o regulamento do Igape,

RESOLVO:

Único. Engadir a entidade financeira Banco de Sabadell, S.A., á relación de entidades financeiras adheridas ao convenio de colaboración para o apoio ao acceso e adecuación do financiamento das explotacións leiteiras, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas, asinado o 29 de decembro de 2016.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2017

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica