Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 3 de maio de 2017 Páx. 21851

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2017 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo non suxeito a regulación harmonizada, relativo á organización das VI Xornadas de portas abertas das rutas dos viños de Galicia, polo procedemento aberto, tramitación anticipada, pluralidade de criterios e documentalmente simplificado.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 10 de xaneiro de 2017.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: levar a cabo todas as tarefas derivadas da organización, desenvolvemento, promoción, comunicación e difusión das VI Xornadas de portas abertas nas rutas dos viños de Galicia, promovidas por Turismo de Galicia, en colaboración coas asociacións das cinco rutas dos viños galegos: Monterrei, O Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra e Valdeorras.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: anticipada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación.

Importe sen IVE: 70.247,93 €.

IVE (21 %): 14.752,07 €.

Importe total IVE incluído: 85.000,00 €.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 29 de marzo de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 11 de abril de 2017.

c) Adxudicataria: IN9 Eventos, S.L.

d) Importe de adxudicación: importe sen IVE: 62.871,90 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2017

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia