Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 3 de maio de 2017 Páx. 21811

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 24/2017).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Ana María Mariño Lens contra Luis Serafín Varela Iglesias, rexistrado co número 24/2017, se acordou notificar a parte dispositiva do Decreto do 7 de abril de 2017, ditado no procedemento, a Luis Serafín Varela Iglesias, en ignorado paradoiro.

Parte dispositiva:

«Acordo:

a) Declarar o executado Luis Serafín Varela Iglesias en situación de insolvencia total por importe de 1.023,91 euros e de 199,76 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET, máis 122,36 euros de xuros e custas, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Inscribilo no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A letrada da Administración de xustiza».

Únase testemuño desta resolución ao procedemento.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Luis Serafín Varela Iglesias, en ignorado paradoiro, expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza