Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 2 de maio de 2017 Páx. 21665

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de exposición pública da aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal no ámbito de protección do elemento protexido B-42.

O Concello Pleno, en sesión do 30 de marzo de 2016, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual do PXOM: modificación do ámbito de protección do elemento protexido B-42 (Documento nº 458, do 13.1.2017).

De conformidade cos artigos 60.6, 7 e 8 da Lei 2/2016, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo de dous meses, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 20 de abril de 2017

Ángel García Seoane
Alcalde presidente