Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 2 de maio de 2017 Páx. 21619

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións, Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación do servizo de tradución e interpretación para a Administración de xustiza en Galicia.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, edificio nº 1, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfono: información de índole técnica: 981 54 62 28 e información de índole administrativa 981 54 45 17/981 54 42 59.

5º. Telefax: 981 54 42 39.

6º. Correo electrónico:

contratacion.vicepresidencia@xunta.gal ou rafael.juanatey.mayan@xunta.gal

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=137915

8º. Data límite da obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

c) Número do expediente: 2017-SEXU 17/EM.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: prestación do servizo de tradución e interpretación para a Administración de Xustiza en Galicia.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución: a indicada no anexo A do prego de prescricións técnicas.

e) Prazo de execución: 12 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 79530000-8 servizo de tradución, 79540000-1 servizo de interpretación.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na parte J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 252.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 120.000,00 €.

Importe total: 145.200,00 €.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de licitación (IVE incluído).

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non.

b) Solvencia:

Económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na parte F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na parte G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 de maio de 2017, ás 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía do Complexo Administrativo San Caetano.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: sala D do Edificio de la Pirámide.

b) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: terá lugar en acto público ás 12.00 horas do día 26 de maio de 2017.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 5 de abril de 2017.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2017

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Pública e Xustiza