Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 2 de maio de 2017 Páx. 21653

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2017, do Servizo da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación, con trámite de urxencia, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción da obra de conversión en autovía do corredor do Morrazo CG-4.1, treito: enlace de Rande-enlace de Cangas, subtreito III: punto quilométrico 7+300 ao 11+150, no concello de Moaña (clave PO/12/070.01.3).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu ordinal 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras sinaladas no encabezamento da presente resolución atópanse incluídas no programa de obras que se realizarán con cargo ao programa 512-B, construción, conservación e explotación de estradas.

Con data do 12 de febreiro de 2015, a Xunta de Galicia procedeu a declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra mediante o Decreto 29/2015, publicado no DOG núm. 37, do 24 de febreiro.

Con data do 7 de decembro de 2016 foi aprobado o proxecto de construción da obra de conversión en autovía do corredor do Morrazo CG-4.1, treito: enlace de Rande-enlace de Cangas, subtreito III: p.q. 7+300 ao 11+150, no concello de Moaña, clave: PO/12/070.01.3, polo director da Axencia Galega de Infraestruturas, por delegación da conselleira de Infraestruturas e Vivenda.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do Regulamento para a súa aplicación, este servizo, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolve convocar os titulares de bens e dereitos afectados, para que comparezan no lugar, data e hora que se citan, para proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se recollerán os datos necesarios para determinar os bens e dereitos afectados, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Lugar: Casa do Concello de Moaña.

Día: 25 de maio de 2017.

Horario: das 9.30 ás 13.00 horas.

De: Abal Miranda, Rosa a Curras Álvarez, Rosa.

Día: 26 de maio de 2017.

Horario: das 9.30 ás 13.00 horas.

De: Chapela Bermúdez, Balbino a González Martínez, José.

Día: 29 de maio de 2017.

Horario: das 9.30 ás 13.00 horas.

De: Iglesias Martínez, Gerardo a Pidre Curra, Lucía.

Día: 30 de maio de 2017.

Horario: das 9.30 ás 13.00 horas.

De: Piñeiro Couso, Cándida a Valverde Rivas, María.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes, estarán expostos no Concello de Moaña e no Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Pontevedra (avda. Fernández Ladreda, nº 43-1º, 36003 Pontevedra).

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, cos documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, e último recibo da contribución, e poden ir acompañados, pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servizo Provincial de Pontevedra, as alegacións que consideren pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ao relacionar os bens afectados pola urxente ocupación.

Pontevedra, 19 de abril de 2017

Fausto Núñez Vilar
Xefe do Servizo da Delegación Provincial de Pontevedra