Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2017 Páx. 21469

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle de criterios compositivos e estéticos no tratamento de fachadas do barrio de Vista Alegre.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 16 de marzo de 2017, adoptou entre outros, o seguinte acordo:

«– Aprobar definitivamente o estudo de detalle de criterios compositivos e estéticos no tratamento das fachadas do barrio de Vista Alegre –estudo da cor–, formulado pola Sección Municipal de Planeamento, sen modificacións respecto do inicialmente aprobado.

O acordo de aprobación definitiva notificarase persoalmente aos interesados e publicarase no Diario Oficial de Galicia. Unha vez publicado o acordo, remitirase á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a documentación exixida polo artigo 88.3 da LSG, para os efectos de inscribir o estudo de detalle no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

Logo de que conste a inscrición no Rexistro, procederase a publicar a normativa no Boletín Oficial da provincia».

Contra o acordo da aprobación definitiva do citado estudo de detalle, poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto 3997/2015, do 16 de xuño)
Jorge Duarte Vázquez
Concelleiro delegado de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade