Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2017 Páx. 21390

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (43/2017).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 43/2017 deste xulgado do social, seguidos por instancia de José Antonio Labandeira Grille contra a empresa Galicarbo, S.L, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

Parte dispositiva:

Declaro extinguida a data da presente resolución a relación laboral que unía a José Antonio Lavandeira Grille coa executada Galicarbo, S.L.U. e condeno a executada a aboarlle a José Antonio Lavandeira Grille a suma de 24.505,48 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral, a suma de 13.905,70 euros en concepto de salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a presente resolución, resultando un total de 38.456,18 euros.

Notifíquese ás partes e a Fogasa a presente resolución e fágaselles saber que contra esta poden interpoñer recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina, Ana María Souto González, maxistrada-xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela.

En data do 5.4.2017 ditouse auto cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Parte dispositiva:

Acórdase aclarar o contido do auto de data do 31 de marzo de 2017 nos termos seguintes:

A parte dispositiva do auto debe dicir: declaro extinguida a data da presente resolución a relación laboral que unía a José Antonio Lavandeira Grille coa executada Galicarbo, S.L.U. e condeno a executada a aboarlle a José Antonio Lavandeira Grille a suma de 24.505,48 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral, a suma de 13.905,7 euros en concepto de salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a presente resolución, resultando un total de 38.411,18 euros.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Esta resolución non é susceptible de recurso ningún, sen prexuízo dos recursos que poidan interpoñerse contra a resolución que é obxecto de rectificación.

Así o acorda, manda e asina Ana María Souto González, maxistrada-xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Galicarbo, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza