Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2017 Páx. 21376

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (134/2016).

María Jesús Perez Fernández, letrada da Administración de xustiza, e do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela, polo presente, anuncio:

No presente procedemento de xuízo verbal número 134/2016 seguido por instancia da entidade Los Ángeles Gas, S.L, asistida do letrado Adrián García García fronte a Gustavo Adolfo Fernández Silva se ditou sentenza en data do 30 de xuño de 2016, cuxo encabezamento e decisión son do seguinte teor literal:

Xulgado de Primeira Instancia número 4

Santiago de Compostela

Sentenza 101/2016

Xuízo verbal 134/2016

En Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2016

Sentenza

Vistos por min, Ana Belén López Otero, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela, os autos de xuízo verbal tramitados co número 134/2016, nos cales interviñeron como demandante Los Ángeles Gas, S.L., asistida polo letrado Sr. García García e, como demandado, Gustavo Adolfo Fernández Silva, en situación de rebeldía procesual, en virtude das seguintes consideracións

Dispoño:

Estimar parcialmente a demanda interposta por Los Ángeles Gas, S.L. e, en consecuencia, condénase a Gustavo Adolfo Fernández Silva a aboar á demandante a suma de 381,98 euros máis os xuros legais desde a data da demanda. Deberá aboar cada parte as custas causadas á súa instancia xa as comúns por metade.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra esta non cabe interpoñer recurso ao ser a contía do procedemento inferior a 3.000 euros.

Así o acordo, mando e asino.

E como consecuencia do ignorado paradoiro do demandado, en situación de rebeldía procesual, Gustavo Adolfo Fernández Silva, esténdese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza