Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2017 Páx. 19838

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Valedor do Pobo

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2017 pola que se dispón a substitución dun vogal e dun suplente da Comisión da Transparencia.

A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno crea, no seu artigo 33, a Comisión da Transparencia, atribuíndo no seu punto 2.a) a Presidencia desta á Valedora do Pobo.

No exercicio das función inherentes á presidencia da dita Comisión e, a proposta do Consello de Contas,

RESOLVO:

Primeiro. Que cesen Isabel Torralba Mena e Manuel José Santana Suárez como vogal e como suplente respectivamente da Comisión da Transparencia, en representación do Consello de Contas.

Segundo. Nomear a Manuel José Santana Suárez e a Isabel García Garrido como vogal e como suplente respectivamente da Comisión da Transparencia, en representación do Consello de Contas.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2017

Milagros María Otero Parga
Valedora do Pobo