Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2017 Páx. 21433

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 18 de abril de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-0303/2017-PRE e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio, o inicio do expediente PSC-CO-0303/2017-PRE e cinco máis.

A eficacia do acto queda supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sita na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

A persoa interesada dispón dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 do Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 18 de abril de 2017

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0303/2017-PRE.

Persoa interesada: José Antonio Rodríguez Chans.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: rúa Tunel, 1, 2º B, Carballo.

Expediente: PSC-CO-0304/2017-PPM.

Persoa interesada: Iván Romano Vilar.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: rúa Cerca, 68, Aguiño-Ribeira.

Expediente: PSC-CO-0358/2017-PPM.

Persoa interesada: Agustín Lijó Santos.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Godello, 3, baixo, A Pobra do Caramiñal.

Expediente: PSC-CO-0408/2017-PRE

Persoa interesada: Juan José García Regueiro.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: estrada da Pasaxe, 18, 1º C, O Burgo-A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0414/2017-PPM.

Persoa interesada: Gonzalo Antonio Alonso Galán.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: rúa Pintor Román Navarro, 13, 5º, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0433/2017-COP.

Persoa interesada: Santiago García Romero.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: porto pesqueiro, almacén 22, Ribeira.