Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2017 Páx. 19871

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 7 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2016.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 57, do mércores 22 de marzo de 2017, cómpre incluír o convenio de colaboración relacionado a continuación:

Convenio

Importe

Data sinatura

Prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a Deputación Provincial de Pontevedra para desenvolver un proxecto de investigación conxunto para a determinación e estudo dos patóxenos que xeran pragas e enfermidades agrícolas e forestais e o desenvolvemento de métodos eficaces de loita contra eles

72.000,00

30.12.2016