Ante a imposibilidade de notificación, por medio desta cédula, notifícase á empresa Gravas e Áridos do Louro, S.L., con CIF B36272334, e ao seu administrador concursal GDP Concursal, S.L.P., con CIF B74335993, o acordo da Dirección Xeral de Enerxía e Minas do 3 de abril de 2017, polo que se aproba a liquidación definitiva de gastos da execución forzosa subsidiaria das actuacións realizadas para o peche da explotación mineira en situación de abandono Cillarga, núm. 2668, sita no termo municipal de Ponteareas, provincia de Pontevedra, para o seu coñecemento e efectos oportunos.
Comunícaselle que o acordo íntegro está á súa disposición na Subdirección Xeral de Recursos Minerais en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas), situada no Edificio Administrativo San Caetano s/n, bloque 5º, 4º andar, en Santiago de Compostela.
A presente cédula expídese para que conste e sirva de notificación á empresa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 11 de abril de 2017
Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas