Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2017 Páx. 21394

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 17 de abril de 2017, da Secretaría Xeral para o Deporte, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente en relación coa Resolución do 12 de abril de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 75, do 20 de abril).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ás persoas relacionadas no anexo o acto que se indica, logo de que fose devolto polo servizo de Correos, despois de intentar dúas veces a notificación, estas non se puideron realizar.

O acto foi adoptado pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, a comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na sede desta secretaría xeral, sita na rúa Madrid, nº 2-4, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2017

Marta Míguez Telle
Secretaria xeral para o Deporte

ANEXO

Expediente: Resolución do 12 de abril de 2016, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes definitivas de subvencións a entidades deportivas convocadas pola Resolución do 5 de novembro de 2015, pola que se convocan subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas.

Interesado: Villalonga, FC.

NIF: G36116465.

Acto notificado: arquivo de expediente.