Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2017 Páx. 21399

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 17 de abril de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se dá publicidade á declaración comprensiva da situación patrimonial de altos cargos.

O artigo 49.4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece a obriga de todos os cargos públicos incluídos no seu ámbito de aplicación, definido no artigo 37, de cubrir unha declaración comprensiva da súa situación patrimonial no modelo que aprobe a persoa titular da consellería competente en materia de función pública.

Esta declaración deberá ser presentada no Rexistro de Bens Patrimoniais no prazo dos tres meses seguintes á data de toma de posesión e de cesamento, respectivamente, ante a Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Mediante a Orde do 3 de marzo de 2016 do titular da consellería competente en materia de función pública apróbanse os modelos oficiais de declaracións que deben formular os altos cargos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 44, do 4 de marzo).

En virtude do Decreto 4/2017, do 12 de xaneiro (DOG núm. 9, do 13 de xaneiro; corrección de erros DOG do 24 de xaneiro), Alberto Fuentes Losada tomou posesión no cargo de secretario xeral técnico da consellería de Sanidade, e presentou o anexo IV «Contido da declaración de bens patrimoniais para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia», no Rexistro de Bens Patrimoniais de Altos Cargos.

En virtude do Decreto 5/2017, do 12 de xaneiro (DOG núm. 9, do 13 de xaneiro; corrección de erros DOG do 24 de xaneiro), María Jesús Piñeiro Bello tomou posesión no cargo de directora xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde, e presentou o anexo IV «Contido da declaración de bens patrimoniais para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia», no Rexistro de Bens Patrimoniais de Altos Cargos.

Procede, en consecuencia, dar publicidade ao contido dos anexos presentados para tal efecto, comprensivos da situación patrimonial que declaran no momento do seu nomeamento, e que se publican como anexo a este anuncio.

Tal e como consta no referido modelo anexo IV:

1. Non se inclúen os seguros de vida.

2. No suposto de bens indivisos, indícase o valor que corresponde segundo a porcentaxe de participación do declarante no ben ou dereito patrimonial.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2017

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Titular do cargo: Alberto Fuentes Losada.

Cargo público orixe da declaración: secretario xeral técnico da consellería de Sanidade.

Motivo: toma de posesión.

I. Activo.

1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 30.455 €.

2. Valor total doutros bens: 12.037 €.

3. Total: 42.492 €.

II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas, etc.): 119.821 €.

Titular do cargo: María Jesús Piñeiro Bello.

Cargo público orixe da declaración: directora xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde.

Motivo: toma de posesión.

I. Activo.

1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 64.093,34 €.

2. Valor total doutros bens: 7.000 €.

3. Total: 71.093,34 €.

II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas, etc.): 79.000 €.