Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2017 Páx. 21448

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 4 de abril de 2017, da Área Provincial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia (expediente OU-2006/010).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia de resolución de exclusión da unidade familiar da lista definitiva de VPP do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos ditos actos deberá efectuarse na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Ourense, sita na rúa Sáenz Díez, nº 1, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 4 de abril de 2017

Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense

ANEXO
Acto obxecto de notificación: resolución de exclusión da unidade familiar da lista definitiva de VPP do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda

Credencial

Persoa interesada

DNI/NIE/NIF

Expediente

61438

Jordana Gil Iglesias

...400G

OU-2006/010

65184

Diva Milena Galezo Narváez

...233R

OU-2006/010

65936

Marta Mira Miñones

...317M

OU-2006/010