Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2017 Páx. 21419

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 4 de abril de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2016282TA-CO, por infraccións en materia sanitaria.

Coa data do 6 de marzo de 2017, o/a instrutor/a do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador nº 2016282TA-CO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña a María Calderón López.

Intentada a notificación da proposta de resolución segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e non sendo posible a súa práctica; por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle a María Calderón López o contido da dita proposta de resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste ao abeiro do disposto na letra f do artigo 64.2 e no artigo 89.2 da Lei 39/2015, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 4 de abril de 2017

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2016282TA-CO.

Interesada: María Calderón López.

DNI/NIF/CIF: 32644910K.

Último enderezo coñecido: Amenadas, 21-1º, 15572 Narón.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.