Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 2017 Páx. 19804

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Parlamento de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2017 pola que se anuncia a licitación da contratación administrativa de servizos para o uso dunha plataforma de licitación electrónica.

En cumprimento do disposto no artigo 142 do texto refundido da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, publícase o anuncio de licitación desta contratación administrativa.

1. Entidade adxudicadora.

a) Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Persoal e Réxime Interior.

c) Obtención de documentación e información.

1º. Parlamento de Galicia (dispoñible no BOPG núm. 95, do 4 de abril de 2017 e en http://www.parlamentodegalicia.gal).

2º. Enderezo: r/ Hórreo, 63.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.

4º. Teléfono: 981 55 13 00.

5º. Fax: 981 55 14 00.

6º. Correo electrónico: contratacion@parlamentodegalicia.gal.

7º. Enderezo da internet do perfil de contratante: http://www.parlamentodegalicia.gal.

8º. Data límite de obtención de documentación e información: 15 días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

d) Número de expediente: STI-PA-3/2017.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: uso dunha plataforma de licitación electrónica.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución:

1º. Enderezo: r/ Hórreo, 63.

2º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.

e) Prazo de execución: un ano desde a formalización da acta de recepción e uso da plataforma.

f) Admisión de prórroga: ata un máximo de outro ano máis.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 72212781-7 (servizos de desenvolvemento de software de xestión de sistemas); 72310000 (servizos de tratamento de datos).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas (55 puntos): prezo anual polo uso da plataforma (40 puntos), prezo da implantación e integración co rexistro (5 puntos), número de usuarios (5 puntos), ampliación do horario de atención de soporte (5 puntos). Criterios cuxa cuantificación depende de xuízo de valor (45 puntos): descrición das funcionalidades e propostas funcionais (20 puntos), descrición da integración co rexistro electrónico do Parlamento (10 puntos), plan de implantación e planificación de execución dos traballos (5 puntos), plan de formación e información (5 puntos), sistema de axuda en liña e información, documentación e guías de servizo (5 puntos).

4. Valor estimado do contrato: 50.000,00 € (sen IVE).

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 27.500,00 €; importe total: 33.275,00 €.

6. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación.

c) Complementaria: non se exixe.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os dispostos nas cláusulas quinta e sexta do prego de cláusulas administrativas, e nas correspondentes do prego de prescricións técnicas.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG. Se o último día da presentación fose inhábil, ampliarase o prazo ata o día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Rexistro do Parlamento de Galicia.

2º. Enderezo: r/ Hórreo, 63.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.

4º. Enderezo electrónico: contratacion@parlamentodegalicia.gal.

c) Admisión de variantes: non se admiten.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses desde a terminación do prazo de presentación de ofertas.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: sesión pública para apertura dos sobres B e C.

b) Enderezo: r/ Hórreo, 63.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.

d) Data e hora: no día e hora que se comunicará a licitadores e se publicará na web do Parlamento de Galicia.

10. Gastos de publicidade: inserción do anuncio no DOG, por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións: nos pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas (publicados no BOPG núm. 95, do 4 de abril de 2017 e en http://www.parlamentodegalicia.gal).

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2017

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente do Parlamento de Galicia