Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 2017 Páx. 19813

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de licitación das actuacións de mantemento e reparación de instalacións deportivas na piscina municipal Óscar Pereiro.

Na Xunta Local de Goberno do 16 de marzo de 2017, aprobáronse o expediente de contratación e os pregos de condicións das actuacións de mantemento e reparación de instalacións deportivas na piscina municipal Óscar Pereiro.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Mos.

2. Obxecto do contrato: obras de actuacións de mantemento e reparación de instalacións deportivas na piscina municipal Óscar Pereiro. CPV 45212290-5.

Prazo de excución: tres (3) meses.

3. Procedemento: aberto.

4. Prezo do contrato 108.185,73 euros ao cal se lle engadirá o IVE de 22.719,00 euros.

5. Garantías. Provisoria: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe da adxudicación.

6. Obtención de información e documentación: a través da páxina web do Concello: http://www.concellomos.es/ e no Concello de Mos. R/ Reguengo, 1, Petelos. 36416. Mos. Pontevedra. Teléfono: 986 33 12 00, telefax: 986 33 66 18.

7. Requisitos xerais do contratista sinalados no prego de condicións administrativas. Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo e lugar: no Concello de Mos (Pontevedra) durante os trece (13) días naturais (declarada a urxencia) desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no último boletín (DOG ou BOP), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no Rexistro Xeral do Concello, ou por calquera outro medio o que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015.

b) Documentación que cómpre presentar: as proposicións en sobres pechados, coas inscricións e a documentación que se sinala nos pregos de condicións.

9. Apertura das ofertas: na casa do concello de Mos, o sexto (6º) día hábil seguinte ao da finalización do prazo para a presentación de proposicións (para os efectos da apertura, o sábado considerarase inhábil).

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Mos, 16 de marzo de 2017

Nidia Mª Arévalo Gómez
Alcaldesa