Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 2017 Páx. 19821

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comandancia da Garda Civil da Coruña

ANUNCIO de poxa de armas.

Ás 9.00 horas do día 15 de maio de 2017 terá lugar nas dependencias da Garda Civil da Coruña, sitas na rúa Médico Devesa Núñez, 3, a poxa de armas composta por 885 lotes de escopetas, carabinas, rifles, pistolas e revólveres, que serán expostas ao público os días 8, 9, 10, 11 e 12 de maio, neste acuartelamento das nove ás catorce horas, horario no que se entregará o prego de condicións.

A poxa será en sobre pechado e o prazo de entrega destes, coas ofertas, rematará ás 13.00 horas do día 12 de maio.

A estas poderán concorrer as persoas que o desexen e estean legalmente habilitadas para adquirilas.

A Coruña, 29 de marzo de 2017

Fco. Javier Jambrina Rodríguez
Coronel xefe