Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 2017 Páx. 19672

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Inclusión Social, pola que se procede á publicación das entidades beneficiarias e do importe das axudas concedidas para o investimento en centros de inclusión, en virtude da Orde do 4 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para o investimento en centros de inclusión e emerxencia social e de programas que desenvolverán as corporacións locais para a inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, e se procede á súa convocatoria para os exercicios 2016-2017, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e Fondo Social Europeo 2014-2020.

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno e no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido la Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, procédese á publicación das entidades beneficiarias e o importe das axudas concedidas en virtude da Orde do 4 de xullo de 2016 para o investimento en centros de inclusión social. Estas axudas están cofinanciadas parcialmente polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional 2014-2020, obxectivo temático OT 9. Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social.

Finalidade da axuda: o establecemento de subvencións ás corporacións locais en réxime de concorrencia competitiva dirixidas á construción, reforma, adaptación e equipamento de centros de inclusión e emerxencia social e unidades funcionalmente vinculadas.

Norma reguladora: Orde do 4 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para o investimento en centros de inclusión e emerxencia social e de programas que desenvolverán as corporacións locais para a inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, e se procede á súa convocatoria para os exercicios 2016-2017, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e Fondo Social Europeo 2014-2020 (Diario Oficial de Galicia nº 135, do 18 de xullo).

Crédito orzamentario:

Aplicación

Importe 2016

Importe 2017

Importe total

12.03.313C.760.0

436.499,00

145.500,00

581.999,00

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2017

Arturo Parrado Puente
Director xeral de Inclusión Social

ANEXO

Investimento en centros de inclusión e emerxencia social:

Nº expte. 2016

Corporación local

Descrición da actuación

Importe total investimento

Importe concedido 2016

Importe concedido 2017

Total concedido

15

Concello Vigo

Adecuación da sala principal da planta 0 no Centro de inclusión social e emerxencia Casa do Pescador

6.973,14

5.578,51

5.578,51

15

Concello Vigo

Mellora de diversas estancias no Centro de inclusión social e emerxencia Casa do Pescador

21.659,00

17.327,20

17.327,20

15

Concello Vigo

Adquisición de lavadora e secadora industrial

14.372,37

11.497,90

11.497,90

15

Concello Vigo

Adquisición de mobiliario diverso para a sala e despacho adxacente

8.633,95

6.907,16

6.907,16

22.905,71

18.405,06

41.310,77