O 6.3.2015 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución pola que se someteu a información pública o proxecto de autorización administrativa, promovido por Gas Galicia SDG, S.A., para a distribución de gas natural no termo municipal de Mondariz, na provincia de Pontevedra (expediente IN627A 2014/73-0), que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 29.4.2015, no Boletín Oficial da provincia do 21.4.2015 e nos xornais La Voz de Galicia e Faro de Vigo do 9.4.2015, estando tamén exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Mondariz.
O 6.6.2016 a empresa Gas Galicia SDG, S.A. desistiu da súa solicitude de autorización administrativa para a distribución de gas natural no termo municipal de Mondariz e, en consecuencia, o 10.6.2016 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución pola que se aceptou esta desistencia e se declarou concluído o procedemento correspondente.
No Diario Oficial de Galicia do 9.8.2016 publicouse o anuncio da Dirección Xeral de Enerxía e Minas do 18.7.2016 polo que se deu publicidade ao arquivo das solicitudes de autorización administrativa para a distribución de gas natural en varios termos municipais, entre os cales se atopa o de Mondariz.
O 16.3.2017 a empresa Primagás Energía Distribución, S.A.U. solicitou a autorización administrativa para a distribución de gas natural nos termos municipais de Mondariz e Mondariz-Balneario. Para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 62/2010, do 15 de abril, polo que se regula o trámite de competencia e os criterios de valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de gases licuados do petróleo (GLP), a solicitude relacionada no cadro seguinte inicia o correspondente trámite de competencia.
Datos da solicitude |
|
Empresa solicitante |
Primagás Energía Distribución, S.A.U. |
Data da solicitude |
16 de marzo de 2017 |
Contido da solicitude |
Autorización administrativa previa |
Tipo de instalación |
Rede de distribución de gas natural alimentada desde unha planta de GNL |
Denominación do proxecto |
Proxecto de autorización administrativa previa de distribución de gas natural nos termos municipais de Mondariz e Mondariz-Balneario |
Núcleo de poboación da rede |
Mondariz e Mondariz-Balneario (Pontevedra) |
Ábrese un prazo de 30 días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para que:
• Outras empresas distribuidoras de gas natural poidan presentar solicitudes en concorrencia con esta solicitude de Primagás Energía Distribución, S.A.U.
• A empresa Primagás Energía Distribución, S.A.U. poida completar, se o considera oportuno, a súa solicitude.
O trámite de competencia resolverase a favor da empresa concorrente cuxo proxecto obteña a maior puntuación, tras a súa valoración de acordo cos criterios establecidos no artigo 8 do Decreto 62/2010, do 15 de abril.
Santiago de Compostela, 3 de abril de 2017
Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas