Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 2017 Páx. 19731

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 30 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia en materia de residuos (expediente OU-48/2016 RE e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, ao resultar infrutuosa a súa notificación.

O acto foi acordado polo instrutor. A súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A comparecencia efectuarase no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, na sede da Sección Xurídica desta consellería, sita na rúa do Paseo, nº 18, 5º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Ourense, 30 de marzo de 2017

Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-48/2016 RE.

Denunciada: Aquagest Promoción Técnica y Financiera de Abastecimientos de Agua, S.A.

Acto notificado: proposta de resolución.

Expediente: OU-10/2017 RE.

Denunciado: George Beldiman.

Acto notificado: proposta de resolución.