Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 2017 Páx. 19698

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos

EDICTO (214/2013).

Eu, María Patiño Junquera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos, fago saber que neste xulgado se segue o procedemento de xuízo verbal rexistrado co número 214/2013, por instancia de Iglesias Morrazo, S.A. contra Algazara Coruñesa de Espectáculos, S.L., e que con data do 28 de xaneiro de 2014 se ditou sentenza en que se acordou estimar a demanda. Contra a citada resolución non cabe ningún recurso.

Co fin de que sirva de notificación en forma a Algaraza Coruñesa de Espectáculos, S.L., que se encontra en ignorado paradoiro, expido, selo e asino este edicto.

Betanzos, 17 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza