Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2017 Páx. 19514

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2017 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación da redacción do proxecto de execución e dirección de obra da ampliación do centro do apoio á investigación (CACTI), módulo AMS (expediente 311/17).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

• Dependencia: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

• Enderezo: Edificio de Xerencia-Servicios Centrais, Campus Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: 36310 Vigo.

• Teléfono: 986 81 35 56.

• Telefax: 986 81 38 57.

• Correo electrónico: alabel@uvigo.es

• Enderezo da internet do perfil do contratante.

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga

• Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 311/17.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: redacción do proxecto de execución e dirección de obra da ampliación do centro de apoio á investigación (CACTI) módulo AMS.

c) Lugar de execución/entrega:

• Enderezo: Campus de Vigo.

• Localidade e código postal: 36310 Vigo.

d) Prazo de execución: proxecto de execución: 3 meses desde a sinatura do contrato. Dirección de obra: segundo a duración da obra. Documentación final: 1 mes desde a recepción da obra.

e) Admisión de prórroga: non.

f) C.P.V.: 71240000-6 (elaboración de proxectos e deseños, orzamentos)-71247000-1 (supervisión de traballos de construción).

g) C.P.A.: M: 71.11.22 (servizos técnicos de arquitectura para proxectos de edificios non residenciais).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación ordinaria.

b) Procedemento aberto.

c) Criterios de adxudicación: os indicados no número 16 da folla resumo de características do prego.

4. Valor estimado del contrato: 40.000 €.

5. Importe de licitación: 40.000 €. IVE que se vai soportar 8.400 €.

6. Garantías exixidas.

• Provisional: non se exixe.

• Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

• Complementaria: non se exixe.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica, financeira e solvencia técnica e profesional: as que se indican respectivamente nos números 11 e 12 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no número 13 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 30 días naturais desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

b) Modalidade de presentación: papel, tres sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

• Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

• Enderezo: Edificio de Xerencia Servizos Centrais, pranta baixa. Praza de Erasmo, s/n, Campus Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo 36310.

• Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na sala de xuntas de Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: Edificio de Xerencia e Servizos Centrais, 2ª andar. Praza de Erasmo, s/n, Campus Lagoas-Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán a cargo do adxudicatario, aproximadamente: 1.300 euros.

Vigo, 18 de abril de 2017

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 7.5.2014; DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo