Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2017 Páx. 19519

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilanova de Arousa

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual número 19 das normas subsidiarias de planeamento municipal.

O Pleno do Concello en sesión que tivo lugar o día 27 de marzo de 2017, aprobou inicialmente a modificación puntual nº 19 das normas subsidiarias de planeamento municipal (modificación da ordenanza nº 2). Esta aprobación inicial implica por si soa a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas no ámbito afectado.

De conformidade co disposto nos artigos 60.6 de Lei 2/2016, do 16 de febreiro, do solo de Galicia (LSG) e 144.6 e 207 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei do Solo de Galicia (RSG), sométese o documento a información pública durante un prazo de dous (2) meses contados desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia de Pontevedra.

O expediente poderá ser consultado na Área de Urbanismo do Concello, sita na casa do concello, 2ª andar (praza do Concello, nº 1), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, agás festivos.

Vilanova de Arousa, 31 de marzo de 2017

Gonzalo Durán Hermida
Alcalde