De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia ao resultar infrutuosa a súa notificación.
Os actos foron adoptados pola xefa territorial. A súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
A comparecencia efectuarase no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, na sede desta xefatura territorial, sita na rúa do Paseo, nº 18, 5º andar, de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.
Ourense, 28 de marzo de 2017
Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Expediente: OU-28/2017 RE.
Denunciado: José Luis Vigo Soto.
Acto notificado: acordo de incoación.
Expediente: OU-31/2017 RE.
Denunciado: José Ramírez Barrul.
Acto notificado: acordo de incoación.