Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2017 Páx. 19416

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2017, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 15 de xuño de 2015 (DOG número 114, do 18 de xuño), modificada pola Orde do 12 de novembro de 2015 (DOG número 220, do 18 de novembro), pola que se fixa a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o día 19 de abril de 2017, o tribunal nomeado pola Orde do 19 de maio de 2016 (DOG número 100, do 27 de maio), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, adoptou os seguintes acordos:

De acordo co establecido na base II.1.3 da orde da convocatoria, convócanse Alberto Armesto Ferrín, con DNI 33999939M, e Juan Manuel Casal Vicente, con DNI 76826262Y, que non acreditaron en prazo posuír o Celga 3 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (publicada no DOG número 146, do 30 de xullo), para a realización do terceiro exercicio do proceso selectivo que terá lugar no salón de actos 2 do Edificio Administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela, o día 3 de maio de 2017, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e de bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer os aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2017

Óscar Javier Ponte Estévez
Presidente do tribunal