Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2017 Páx. 19499

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2017 pola que se anuncia a licitación da contratación, polo procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria, documentalmente simplificado e non suxeito a regulación harmonizada, dun contrato de obras (expediente LU-2016/CH 04).

1. Entidade adxudicadora

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: reestruturación-ampliación dun edificio para cinco vivendas de promoción pública e un local comercial na rúa Tinería, nº 15, Lugo.

b) Prazo de execución: un (1) ano.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: setecentos corenta e un mil cento cincuenta e catro euros con oitenta e un céntimos (741.154,81 €), IVE excluído.

b) IVE (21 %): setenta e catro mil cento quince euros con corenta e oito céntimos (74.115,48 €).

c) Importe total: oitocentos quince mil douscentos setenta euros con vinte e nove céntimos (815.270,29 €).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo C, subgrupo 2, categoría 3.

b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: as establecidas no prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

7. Obtención de documentación.

– O prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP) e o prego de prescricións técnicas (PPT) polos cales se deberá rexer a contratación poderanse recoller durante o prazo de presentación de proposicións no Servizo de Contratación na sede central do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), e consultar na páxina da internet:

http://www.contratosdegalicia/resultado.jsp?N=142608

– Tamén no perfil do contratante:

http://igvs.xunta.es/web/igvs/350

8. Presentación das ofertas.

As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente PCAP, presentaranse no Rexistro da sede dos servizos centrais do IGVS antes das 14.00 horas do vixésimo sexto (26º) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 16 00) no mesmo día.

9. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

10. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura dos sobres B (proposicións técnicas) e dos sobres C (proposicións económicas) terá lugar nos servizos centrais do IGVS, na data que será anunciada, con tres días hábiles de antelación ao da súa realización, no perfil do contratante.

11. Gastos do anuncio.

O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2017

A presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo
P.D. (Resolución do 23.6.2010)
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo