Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2017 Páx. 19507

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 12 de abril de 2017 pola que se notifica orde de retirada dun soporte aparafusado ao perfil metálico do pantalán de pesca do porto de Beluso.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se notifica a Rocío Marcial Oliveira, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, orde de retirada dun soporte aparafusado no perfil metálico do pantalán de pesca do porto de Beluso, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no último domicilio coñecido.

Segundo acta realizada polo celador garda peiraos responsable do porto, no pantalán de pesca de Beluso, na praza onde se atopa amarrada a embarcación Yoli, con matrícula 3ª-VI-5-101-25, se instalou sen autorización un soporte aparafusado ao perfil metálico do pantalán co fin de enrolar unha mangueira de goma, motivo polo que a Zona Sur intentou notificar ata en dúas ocasións ordes de retirada.

A presente orde emítea esta dirección con base nas competencias previstas no artigo 9.3 da Lei 5/1994, de creación de Portos de Galicia, e de acordo co artigo 7 do Regulamento de servizo e policía portuarios en vigor aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por constituír o denunciado un uso non autorizado de obras portuarias.

O soporte deberá ser retirado nun prazo máximo de dez (10) días contados desde a publicación da presente orde no Boletín Oficial del Estado; este anuncio publicarase tamén no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

No caso de incumprimento, Portos de Galicia procederá a retirar o soporte de maneira subsidiaria.

A presente orde, que ten eficacia executiva, non esgota a vía administrativa, e é susceptible de recurso de alzada, que deberá ser interposto ante a Presidencia de Portos de Galicia no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2017

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia