Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 2017 Páx. 19227

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2017 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo suxeito a regulación harmonizada do servizo para a explotación do Programa de control de augas destinadas a consumo humano, do Programa de control de emisións ao mar e do Programa de control de pequenos encoros.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.

c) Número de expediente: OH.688.375.SV.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal e desde a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web http://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: administrativo de servizo.

b) Descrición: explotación do Programa de control de augas destinadas a consumo humano, do Programa de control de emisións ao mar e do Programa de control de pequenos encoros.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 90733100-5.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, DOG e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea núm. S87, do 4 de maio de 2016; Diario Oficial de Galicia núm. 87, do 9 de maio de 2016 e Boletín Oficial del Estado núm. 113, do 10 de maio de 2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de adxudicación e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 2.584.854,22 euros. Inclúe os orzamentos de licitación e das eventuais prórrogas contractuais previstas.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 1.292.427,11 euros. Importe total: 1.563.836,80 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 17 de xaneiro de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 30 de marzo de 2017.

c) Contratista: Dnota Medio Ambiente, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 843.696,35 euros. Importe total: 1.020.872,58 euros.

e) Vantaxes da oferta do adxudicatario: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia á dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

7. Outras informacións:

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2017

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia