Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 2017 Páx. 19207

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2017 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, da subministración de 2.000.000 unidades de extracción de sangue (expediente 16/2017).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de 2.000.000 unidades de extracción de sangue de un só uso (constarán de tubo, agulla e campá portatubos).

c) División por lotes: non.

d) Prazo de execución/entrega: o contrato executarase nas anualidades 2017 e 2018, con dúas entregas anuais.

e) Admisión de prórroga: si, ata un máximo de dúas anualidades máis.

f) CPV: 33141300-3.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria. Procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares (de xuízo de valor e automáticos).

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 281.000,00 €, IVE (21 %): 59.010,00 €. Importe total: 340.010,00 €.

Valor estimado: 674.400,00 € (incluídas posibles modificacións e prórrogas).

5. Financiamento: fondos propios.

6. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, segundo o disposto nas letras I e J do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Garantías exixidas: definitiva: 5 % do orzamento de licitación IVE excluído (14.050 €).

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Enderezo: edificio posterior dereito nº 4, San Caetano s/n, planta baixa, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 881 99 93 88/981 54 57 37 (consultas administrativas)//981 545 733 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=144520

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o 22 de maio de 2017.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares. Os licitadores deben presentar mostras, segundo o establecido no prego de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, CP 15781), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47), ou ben ao enderezo de correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do día 5 de xuño de 2017. A apertura dos sobres C terá lugar, en acto público, no lugar, data e hora que se comunicará mediante a súa publicación no perfil do contratante.

11. Gastos de publicidade: o importe dos anuncios no BOE e no DOG será por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial da Unión Europea: 11 de abril de 2017.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2017

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural