Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 2017 Páx. 19213

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 7 de abril de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a Resolución do 17 de novembro de 2016, ditada pola secretaria xeral técnica, por delegación da conselleira do Medio Rural, da zona de concentración parcelaria de Santa Baia de Anfeoz (Cartelle-Ourense).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado á interesada citada no anexo sen que fose posible, polo que se lle notifica por medio deste anuncio a resolución ditada no correspondente expediente.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

A interesada dispón do prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 7 de abril de 2017

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Destinataria: Nieves Rodríguez Álvarez.

Enderezo: r/ Rafael Bergamín, nº 51, 14A, 28043 Madrid.

Acto notificado:

Resolución do 17 de novembro de 2016 ditada pola secretaria xeral técnica por delegación da conselleira do Medio Rural, pola que se resolve o recurso de alzada interposto por Jesús Fernández Valado (prop. núm. 292), contra as bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Santa Baia de Anfeoz (Cartelle-Ourense), cuxa parte dispositiva establece:

Estimar o recurso de alzada interposto por Jesús Fernández Valado (prop. núm. 292) contras as bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Santa Baia de Anfeoz (Cartelle-Ourense) no sentido de modificar a clasificación da parcela nº 725 do polígono 20, de Nieves Rodríguez Álvarez (prop. núm. 578) que pasa a ser de L-6.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.