Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 2017 Páx. 19217

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 10 de abril de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente MON-OU-0059-2016-REP.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícase á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

O acto foi adoptado pola persoa instrutora.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, Servizo Xurídico-Administrativo, situadas na rúa Florentino L. Cuevillas, 4 e 6, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Ourense, 10 de abril de 2017

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

Anexo

Expediente: MON-OU-0059-2016-REP.

Interesada: Carmen Vieira Conde.

Acto de notificación: proposta de resolución.