Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 2017 Páx. 19155

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 31 de marzo de 2017 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes nesta consellería.

Advertido erro na devandita orde publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 74, do martes 18 de abril de 2017, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 18192, onde se anuncia para a súa cobertura o posto de traballo denominado letrado/a de código SA.S02.00.001.15770.010, debe retirarse da referida convocatoria.