Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 2017 Páx. 19198

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 3 de abril de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2016290AL-CO, por infraccións en materia sanitaria.

O 6 de marzo de 2017, a xefa territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador 2016290AL-CO incoado a Javier Suárez Vázquez.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle a Javier Suárez Vázquez o contido da referida resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 3 de abril de 2017

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2016290AL-CO.

Interesado: Javier Suárez Vázquez (Bar Paxeiro).

DNI/NIF/CIF: 76344829D.

Último enderezo coñecido: praza da Constitución, 5, 1º dereita, 15300 Betanzos.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.