Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2017 Páx. 19129

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario

ANUNCIO de provisión dunha vacante de académico de número da Sección de Arqueoloxía e Museoloxía.

A Real Academia Galega de Belas Artes anuncia a provisión dunha vacante de académico de número na Sección de Arqueoloxía e Museoloxía. Para ocupar esta praza será elixida unha persoa residente en Galicia que dese a coñecer os seus méritos artísticos, científicos e culturais.

As persoas que polas súas actividades a prol da arte se consideren en posesión das condicións exixidas para aspirar a esta praza, deberán acreditar os seus méritos mediante presentación do seu respectivo curriculum vitae, e terán que ser propostas, cada unha delas, por tres académicos de número, dentro do prazo de trinta días naturais a partir da publicación deste anuncio.

Domicilio da Real Academia Galega: praza Pintor Sotomayor, 1, 15001 A Coruña.

A Coruña, 30 de marzo de 2017

Manuel Quintana Martelo
Presidente