Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2017 Páx. 19074

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, sobre modificacións de sociedades agrarias de transformación (SAT).

En cumprimento das funcións que ten atribuídas esta Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, e para xeral coñecemento, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias de transformación modificadas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e a Orde da Consellería Agricultura, Gandaría e Montes, do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SAT de Galicia, que se citan.

a) A sociedade agraria de transformación Gomelle, SAT nº 494 XUGA, na asemblea xeral do 3 de decembro de 2016, acordou:

1. Renovar os cargos da xunta reitora, que pasa a estar composta por: José Castro Losada, presidente; Cristóbal Rodríguez López, secretario; Yolanda Rodríguez López, Daniel Mouronte Darriba e José Luis Vázquez Álvarez, vogais.

b) A sociedade agraria de transformación Agropegal, SAT nº 1403 XUGA, na asemblea xeral do 21 de febreiro de 2017, acordou:

1. Renovar os cargos da xunta reitora composta por: José Enrique Domínguez Fernández, presidente; Josefa Blanco González, secretaria; María Isabel Lenza Penelas e Diego Penelas Blanco, vogais.

c) A sociedade agraria de transformación Perilla, SAT nº 1031 XUGA, na asemblea xeral do 7 de febreiro de 2017, acordou:

1. Aprobar unha ampliación de capital social de 132.337,94 euros.

2. Modificar o valor unitario do xustificante nominativo, que pasa a ser de 44.713,66 euros.

Como consecuencia das modificacións anteriores, o capital social queda distribuído entre os socios do seguinte xeito:

Manuel Antelo Vilariño

1 xustificante

44.713,66 euros

33,33 % participación

Mª Elena Pereira Cruz

1 xustificante

44.713,66 euros

33,33 % participación

Efigenia Vilariño Pazos

1 xustificante

44.713,66 euros

33,33 % participación

3. Aprobar a modificación do artigo 2 dos estatutos sociais, que queda redactado:

«O capital social cífrase en 134.140,98 euros e estará representado por 3 xustificantes nominativos de 44.713,66 euros cada un deles.

Os xustificantes estarán autorizados coas sinaturas do presidente e do secretario, e neles figurarán os datos do número 3 do artigo anterior, a identidade do titular, a data do acordo de emisión, o valor nominal de cada un, os prazos e contía dos desembolsos e a data en que se expide. A cada socio seranlle expedidos tantos xustificantes como correspondan ao valor da súa achega.

No libro de rexistro de socios anotarase a achega de cada un ao capital da SAT, número de títulos e desembolsos efectuados».

d) A sociedade agraria de transformación Pedrolas, SAT nº 1026 XUGA, na asemblea xeral do 21 de febreiro de 2017, acordou:

1. Aprobar unha ampliación solidaria de capital social de 104.000,00 euros, crear un fondo de indispoñibilidade de 80,97 euros e modificar o valor unitario do xustificante nominativo, que pasa a ser de 16,00 euros.

Como consecuencia do anterior, o capital social queda distribuído entre os socios do seguinte xeito:

José Manuel Fernández Pereira

2.375 xustificantes

38.000,00 euros

25 %

Antonio Fernández Pereira

2.375 xustificantes

38.000,00 euros

25 %

Manuel Fernández Arias

2.375 xustificantes

38.000,00 euros

25 %

Mª del Carmen Pereira Arias

2.375 xustificantes

38.000,00 euros

25 %

2. Aprobar a modificación do artigo 2 dos estatutos sociais, que queda redactado como segue:

«O capital social cífrase na cantidade de 152.000,00 euros e está representado por 9.500 xustificantes nominativos de 16,00 euros cada un.

Os xustificantes estarán autorizados coas sinaturas do presidente e do secretario, e neles figurarán os datos do número 3 do artigo anterior, a identidade do titular, a data do acordo de emisión, o valor nominal de cada un, os prazos e contía dos desembolsos e a data en que se expide. A cada socio seranlle expedidos tantos xustificantes como correspondan ao valor da súa achega.

No libro de rexistro de socios anotarase a achega de cada un ao capital da SAT, número de títulos e desembolsos efectuados».

e) A sociedade agraria de transformación Os Herdeiros, SAT nº 1015 XUGA, na asemblea xeral do 25 de febreiro de 2017, acordou:

1. Renovar os cargos da xunta reitora composta por: Manuel García Montoto, presidente; Borja Sesto García, secretario; Beatriz Cacheda Bueno, María Aurora Troitiño Pájaro e Carmen Montoto Fontao, vogais.

f) A sociedade agraria de transformación Gocalvesa, SAT nº 1229 XUGA, na asemblea xeral do 10 de febreiro de 2017, acordou:

1. Aprobar a baixa da socia Marta Saavedra Carballo e a transmisión da súa participación no capital social ao socio Mario Veiga Fraga.

2. Modificar o artigo 11 dos estatutos, que queda redactado como segue:

«A xunta reitora é o órgano colexiado de goberno, representación e administración ordinaria da SAT, á cal lle corresponde a dirección da xestión económica e das actividades que se desenvolvan, e a súa competencia esténdese a canto non estea atribuído á asemblea xeral.

Para considerarse validamente constituída e adoptar acordos, requirirase a asistencia, como mínimo, da metade dos seus membros.

A xunta reitora estará composta por 4 membros, os cales terán a condición de socios, elixidos para un período de 4 anos e que poden ser reelixidos.

Os cargos que se desempeñarán na xunta reitora serán o de presidente, secretario e o resto dos compoñentes terán a condición de vogais. A súa elección efectuarase por votación secreta e elixiranse por separado o presidente e o secretario.

A renovación farase por metade cada 4 anos, na primeira metade renovaranse o presidente e o vogal 1 e na segunda, o secretario e o vogal 2. A un dos vogais asignaráselle a función de tesoureiro».

3. Modificar os cargos da xunta reitora, que pasa a estar composta por: José Antonio Santos Gómez, presidente; Higidio Calviño Vázquez, secretario; Mario Veiga Fraga e Rosalía Saavedra Carballo, vogais.

g) A sociedade agraria de transformación Ponce de Oroxe, SAT nº 1319 XUGA, na asemblea xeral do 8 de marzo de 2017, acordou:

1. Renovar os cargos da xunta reitora composta por: Fernando Novo Rodríguez, presidente; Carmen Folgueira Fernández, secretaria; Juan Manuel Novo Folgueira, vogal.

h) A sociedade agraria de transformación Lanzós, SAT nº 1007 XUGA, na asemblea xeral do 30 de decembro de 2016, acordou:

1. Renovar os cargos da xunta reitora composta por: Rocío Lanzós Rey, presidenta; Azucena Lanzós Rey, secretaria; Manuel Díaz Rodríguez, vogal.

i) A sociedade agraria de transformación Liñares, SAT nº 932 XUGA, na asemblea xeral do 9 de marzo de 2017, acordou:

1. Ampliar o capital social en 39.666 euros, a razón de 13.222 euros, 22 títulos cada socio. Como consecuencia deste incremento, o capital social queda distribuído entre os socios do seguinte xeito:

Manuel Liñares Turnes

25 xustificantes

15.025,00 euros

33,33 %

José Antonio Liñares Liñares

25 xustificantes

15.025,00 euros

33,33 %

Mª Carmen Liñares Turnes

25 xustificantes

15.025,00 euros

33,33 %

2. Aprobar a modificación do artigo 2 dos estatutos sociais, que queda redactado como segue:

«O capital social cífrase en 45.075,00 euros e divídese en 75 títulos nominativos co valor nominal de 601,00 euros cada un.

Os xustificantes estarán autorizados coas sinaturas do presidente e do secretario, e neles figurarán os datos do número 3 do artigo anterior, a identidade do titular, a data do acordo de emisión, o valor nominal de cada un, os prazos e contía dos desembolsos e a data en que se expide. A cada socio seranlle expedidos tantos xustificantes como correspondan ao valor da súa achega.

No libro de rexistro de socios anotarase a achega de cada un ao capital da SAT, número de títulos e desembolsos efectuados».

3. Modificar o artigo 11 dos estatutos, que queda redactado como segue:

«A xunta reitora é o órgano colexiado de goberno, representación e administración ordinaria da SAT, á cal lle corresponde a dirección da xestión económica e das actividades que se van desenvolver, e a súa competencia esténdese a canto non estea atribuído á asemblea xeral.

Para considerarse validamente constituída e adoptar acordos, requirirase a asistencia, como mínimo, da metade dos seus membros.

A xunta reitora estará composta por tres membros, os cales terán a condición de socios, elixidos para un período de catro anos e que poden ser reelixidos.

Os cargos que se desempeñarán na xunta reitora serán o de presidente, secretario e o resto dos compoñentes terán a condición vogais. A súa elección será efectuada de entre os socios, pola asemblea xeral, mediante o sistema de candidaturas pechadas encabezadas polos candidatos a presidente e a secretario».

4. Renovar os cargos da xunta reitora composta por: Manuel Liñares Turnes, presidente; José Antonio Liñares Liñares, secretario; Mª Carmen Liñares Turnes, vogal.

j) A sociedade agraria de transformación Iglesias Rivas, SAT nº 1232 XUGA, na asemblea xeral do 9 de marzo de 2017, acordou:

1. Modificar o artigo 11 dos estatutos, que queda redactado como segue:

«A xunta reitora é o órgano colexiado de goberno, representación e administración ordinaria da SAT, á cal lle corresponde a dirección da xestión económica e das actividades que se desenvolvan, e a súa competencia esténdese a canto non estea atribuído á asemblea xeral.

Para considerarse validamente constituída e adoptar acordos, requirirase a asistencia, como mínimo, da metade dos seus membros.

A xunta reitora estará composta por 3 membros, os cales terán a condición de socios, elixidos para un período de 4 anos e que poden ser reelixidos.

Os cargos que se desempeñarán na xunta reitora serán o de presidente, secretario e o resto dos compoñentes terán a condición de vogais. A súa elección efectuarase por votación secreta. A un dos vogais asignaráselle a función de tesoureiro».

2. Renovar os cargos da xunta reitora, que pasa a estar composta por: Antonio Iglesias Rivas, presidente; María del Pilar Iglesias Rivas, secretaria; José Iglesias Rivas, vogal.

k) A sociedade agraria de transformación Tendeiro, SAT nº 1284 XUGA, na asemblea xeral do 6 de marzo de 2017, acordou:

1. Renovar os cargos da xunta reitora, que está composta por: Juan Carlos Rodríguez Seoane, presidente; María Carmen Piñeiro Díaz, secretaria; Laura Rodríguez Piñeiro, vogal.

l) A sociedade agraria de transformación Varela, SAT nº 992 XUGA, na asemblea xeral do 10 de marzo de 2017, acordou:

1. Renovar os cargos da xunta reitora composta por: Gabriel Varela Villamide, presidente; Victoria Villamide Díaz, secretaria; Manuel Varela Gesto, vogal.

m) A sociedade agraria de transformación San Cidre, SAT nº 784 XUGA, na asemblea xeral do 25 de xaneiro de 2017, ratificou os acordos aprobados na asemblea xeral do 31 de decembro de 2016:

1. Aprobar a alta como socio de Alejandro Penas López, quen se incorpora á SAT cunha participación no capital social de 20 xustificantes, 120,40 euros.

2. Como consecuencia do cambio de titularidade das explotacións, aprobar a baixa dos socios Josefa López Merelas e Manuel Castro Vázquez e a alta como socios de Ganadería Pérez López, S.C. e Entreaugas, S.C.

3. Modificar o artigo 2 dos estatutos sociais, que queda redactado como segue:

«O capital social ascende a 3.148,46 euros e estará representado por 523 títulos nominativos de 6,02 euros cada un deles. Os títulos estarán autorizados coas sinaturas do presidente e do secretario, e neles figurarán os datos do número 3 do artigo anterior, a identidade do titular, a data do acordo de emisión, o valor nominal de cada un, os prazos e contía dos desembolsos e a data en que se expide. A cada socio seranlle expedidos tantos títulos como correspondan ao valor da súa achega. No libro de rexistro de socios anotarase a achega de cada un ao capital da SAT, número de títulos e desembolsos efectuados».

4. Renovar os cargos da xunta reitora, que pasa a estar conformada por: Jesús Tomé Vilariño en representación de Ganadería San Vicente, S.C., presidente; Javier Vázquez Vilariño en representación de Arrescalvo, S.C., secretario; Manuel Miraz Díaz, vogal tesoureiro; Constantino Martínez García, José Manuel Cernadas Martínez, José Pereira López, en representación de Ganadería Casa do Campo, S.C., e Rafael Castro López, en representación de Entreaugas, S.C., vogais.

n) A sociedade agraria de transformación Veiga da Lama, SAT nº 1087 XUGA, na asemblea xeral do 17 de marzo de 2017, acordou:

1. Renovar os cargos da xunta reitora, que pasa a estar conformada por: María Carmen Val Campos, presidenta; José Luis Val Campos, secretario; María del Carmen Rubiños Valiña, Ana Campos Vilariño e Isaac Val Negrelos, vogais.

ñ) A sociedade agraria de transformación San Miguel, SAT nº 1001 XUGA, na asemblea xeral do 20 de marzo de 2017, acordou:

1. Aprobar a baixa do socio José Antonio Rodríguez Sixto e a transmisión da súa participación no capital social, 43 títulos, 129.218,01 euros, ao pretendido novo socio Alejandro Rodríguez Carballal.

2. Aprobar a incorporación como socio de Alejandro Rodríguez Carballal.

3. Modificar os cargos da xunta reitora, que pasa a estar composta por: Carlos Dablanca Quinteiro, presidente; José Manuel Iglesias Sánchez, secretario; Antonio Viña González, Alejandro Rodríguez Carballal, Jesús Prieto Torres e Mónica Vázquez Liñeira, vogais.

o) A sociedade agraria de transformación Terneros Lugo, SAT nº 624 XUGA, na asemblea xeral do 17 de marzo de 2017, ratificou os seguintes acordos adoptados na asemblea xeral do 31 de agosto de 2016:

1. Modificar o valor nominal dos títulos, que pasa a ser 180,31 euros, e aprobar unha ampliación solidaria de capital social de 1,05 euros.

2. Aceptar a baixa do socio Julio Penas Jorge e a transmisión da súa participación no capital social, 55 títulos, aos pretendidos novos socios Emérita López Fernández e José Luis Penas Jorge, a razón de 40 e 15 títulos, respectivamente.

3. Incorporar como socios a Emérita López Fernández e José Luis Penas Jorge.

4. Como consecuencia do anterior, o capital social queda distribuído entre os socios:

José Penas Sánchez

55 títulos

9.917,05 euros

33,33 % participación

Eligio Penas Sánchez

55 títulos

9.917,05 euros

33,33 % participación

Emérita López Fernández

40 títulos

7.212,40 euros

24,25 % participación

José Luis Penas Jorge

15 títulos

2.704,65 euros

9,09 % participación

5. Modificar o artigo 2 dos estatutos sociais, que queda redactado como segue:

«O capital social cífrase en 29.751,15 euros e estará representado por 165 títulos nominativos de 180,31 euros cada un deles.

Os títulos estarán autorizados coas sinaturas do presidente e do secretario, e neles figurarán os datos do número 3 do artigo anterior, a identidade do titular, a data do acordo de emisión, o valor nominal de cada un, os prazos e contía dos desembolsos e a data en que se expide. A cada socio seranlle expedidos tantos títulos como correspondan ao valor da súa achega. No libro de rexistro de socios anotarase a achega de cada un ao capital da SAT, número de títulos e desembolsos efectuados».

6. Modificar o artigo 11 dos estatutos, que queda redactado como segue:

«A xunta reitora é o órgano colexiado de goberno, representación e administración ordinaria da SAT, á cal lle corresponde a dirección da xestión económica e das actividades que se van desenvolver, e a súa competencia esténdese a canto non estea atribuído á asemblea xeral.

Para considerarse validamente constituída e adoptar acordos, requirirase a asistencia, como mínimo, da metade dos seus membros.

A xunta reitora estará composta por 4 membros, os cales terán a condición de socios, elixidos para un período de 4 anos e que poden ser reelixidos.

Os cargos que se desempeñarán na xunta reitora serán o de presidente, secretario e o resto dos compoñentes terán a condición de vogais. A súa elección efectuarase de entre os socios, pola asemblea xeral, mediante votación secreta, e elixiranse por separado o presidente e o secretario.

A renovación farase por metade cada 4 anos, na primeira metade renovaranse o presidente e o vogal 1 e na segunda, o secretario e o vogal 2. A un dos vogais asignaráselle a función de tesoureiro».

7. Modificar os cargos da xunta reitora, que pasa a estar conformada por: José Penas Sánchez, presidente; Eligio Penas Sánchez, secretario; Emérita López Fernández e José Luis Penas Jorge, vogais.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2017

Belén Mª do Campo Piñeiro
Direitora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias