Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2017 Páx. 19111

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Sandra Carballo Castaño.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo tramítase o recurso 49/2017-B (procedemento abreviado), interposto por Sandra Carballo Castaño contra a Resolución da directora xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde do 2 de decembro de 2016 pola que se desestima o recurso de reposición interposto o 17 de xuño de 2016 fronte á Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde do 10 de maio de 2016, pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías sanitarias (categoría: enfermeiro/a) (DOG núm. 94, do 19 de maio).

A recorrente non está de acordo coa puntuación acadada na parte de experiencia profesional.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2017

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos