Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 2017 Páx. 18810

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra

EDICTO (248/2016).

Eu, Sandra Pérez López, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra, por este edicto anuncio que neste procedemento ordinario 248/2016, seguido por instancia de Mafari Café, S.L.U. contra Fernando Chas, S.L. e Fernando Chas Orlando, se ditou a Sentenza do 3 de febreiro de 2017. Ao encontrarse os ditos demandados en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma e fáiselles saber que a sentenza ditada está á súa disposición na Secretaría deste xulgado.

Pontevedra, 17 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza