Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 2017 Páx. 18803

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Medio Rural

ORDE do 30 de marzo de 2017 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería do Medio Rural, mediante a Orde do 5 de xullo de 2017 (DOG núm. 142, do 28 de xullo), de conformidade co establecido na base sexta da referida orde,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar deserto o posto de subdirector/a xeral de Recursos Forestais, con código MR.301.00.001.15770.001.

Segundo. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a conselleira do Medio Rural, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2017

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
María del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural