De conformidade co disposto nos artigos 42.2, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase por medio deste anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), a Antonio González Quintela, propietario nº 168 da zona de concentración parcelaria de San Vicenzo de Curtis (Vilasantar-A Coruña), para ser notificado por comparecencia do trámite de audiencia e vista do expediente no recurso nº 40 contra as bases definitivas da devandita zona.
Así mesmo, este anuncio publicase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
O acto foi dictado pola instructora do expediente.
A comparecencia deberase efectuar na sede do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, 6º andar, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de quince (15) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.
A Coruña, 5 de abril de 2017
Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña