Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 2017 Páx. 18872

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 31 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia da resolución de baixa ou denegación no Rexistro Oficial de Produtores e Operadores.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia da resolución de baixa ou denegación no Rexistro Oficial de Produtores e Operadores.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro da dita resolución deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Sanidade e Produción Vexetal da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Consellería do Medio Rural, situadas na rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños, 15701 Santiago de Compostela (A Coruña), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte á data de finalización deste.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2017

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

NIF

Resolución

36/1999/13

Manuel Fernández Freiría

...579E

Baixa

36/2000/16

Irene Núñez Parada

...116H

Baixa

36/1998/14

Dosinda Blanco Cadahía

...911K

Baixa

36/2010/09

Andrea Mandado Riobó

...125P

Baixa

36/2004/05

María Portela Portela

...780B

Baixa

36/2011/08

Marina Otero Nieto

...064R

Baixa

36/2013/34

Luciano Álvarez Alonso

...286H

Baixa

36/2013/06

Abel Guldrís Costas

...074L

Baixa

15/2016/25

Rodríguez Ibuño, S.L.U.

B15952245

Denegación