Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 2017 Páx. 18867

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto, documentalmente simplificado e tramitación urxente, do servizo de restauración, mantemento e limpeza de varias instalacións xuvenís na provincia de Lugo (expediente 19/2017).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial de Lugo.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Xefatura Territorial de Lugo.

2º. Enderezo: rolda da Muralla, 70, baixo, 27071 Lugo.

3º. Teléfono: 982 29 41 01. Fax: 982 29 49 74.

4º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.contratosdegalicia.es

5º. Data límite da obtención da documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas.

d) Número de expediente: 19/2017.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contratación do servizo de restauración, mantemento e limpeza de varias instalacións xuvenís na provincia de Lugo.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución:

Albergue Xuvenil Area, praia de Area, 27850 Viveiro.

Albergue Xuvenil Benigno Quiroga, avenida de Sarria, 20, 27178 Portomarín.

Campamento Xuvenil Os Chacotes, 27200 Palas de Rei.

Campamento Xuvenil A Devesa, 27700 A Devesa, Ribadeo.

e) Prazo de execución: do 16 de xuño ao 2 de setembro.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 55523100-3.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación urxente e procedemento aberto.

b) Criterios de adxudicación: ver prego.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 232.510,45 euros IVE (10 %): 23.251,05 euros Importe total: 255.761,50 euros.

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas e de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: oito días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: as ofertas pódense presentar en man ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

c) Lugar: Rexistro Xeral do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70, baixo, 27071 Lugo.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Xefatura Territorial de Lugo, na hora e data que será anunciada con tres días hábiles de antelación no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/.

9. Gastos de publicidade: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Lugo, 11 de abril de 2017

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo