Expediente: IN407A 2017/028-1.
Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.
Denominación: repotenciación LMT Rieiro e CT As Antes.
Concello: Santa Comba.
Características técnicas:
– LMTA a 20 kV, de 677 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio nº 12 existente da LMTA derivada a CT Rieiro (expte. 27.949) e final no apoio nº 5 existente da mesma liña. Este tramo discorre pola Xesteira e Rieiro.
– Novo CTI As Antes, cunha potencia de 100 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.
Lexislación de aplicación:
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.
A Coruña, 6 de marzo de 2017
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña